O Vídeo Fórum de Noia celebrado hoxe, martes 12 de xuño, foi quen de encher o recinto cedido polo Concello para a celebración deste evento. As relatoras foron Ana Esmorís, Judoka con dilatada experiencia na competición e un amplo palmarés e a atleta local Silvia García, ambas relataron a súa experiencia no ámbito deportivo e opinaron sobre a desigualdade no deporte feminino. Para os e as que non puidesteis acudir, deixámosvos aquí o vídeo de evento.

Deja tu comentario